sábado, 30 de abril de 2022

CONCERTO "DE CINE"

O xoves pasado visitáronnos profesionais da Escola de Música de Santiago, con concertos didácticos que deleitaron ás nenas e nenos de 2º e 3º de Primaria. Os temas musicais estiveron relacionados co do noso proxecto anual, O Cine.

A actividade estivo organizada polo Departemento de Actividades Extraescolares e Complementarias da nosa escola, e celebrada na nosa Biblioteca.

Podedes contemplar algunhas fotos e un vídeo.






Podedes ver máis vídeos no blog do noso Proxecto: O Cine




jueves, 28 de abril de 2022

VISITA Á LUDOTECA DO BARRIO

 As nenas e nenos de 2º de Primaria visitaron hai uns días a Ludoteca María Miramontes. Alí desfrutaron xunto cos monitores e monitoras que lles ensinaron as instalacións.






viernes, 22 de abril de 2022

RECOMENDACCIÓNS LECTORAS PARA O TRIMESTRE





 

23 de Abril: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

 Mañá sábado, 23 de abril conmemoramos o Día do Libro.

É unha  data para recordar que os libros fannos soñar, aprender, desfrutar...

Na nosa escola temos unha exposición para que vos acheguedes e descubrades libros sobre libros.




viernes, 15 de abril de 2022

E MÁIS...


 Tamén nos visitou El Hematocrítico. Coas nenas e nenos de 2º de Primaria conversou sobre os seus libros e a súa relación coa literatura infantil.

Moitas grazas!

jueves, 7 de abril de 2022

MÁIS VISITAS

 Hoxe visitounos María Canosa, escritora galega que conversou co alumnado de 4º de E. primaria falalndo do seu libro As pombas de Bastián. 

Aquí a podedes ver asinando nos exemplares do seu libro.




sábado, 2 de abril de 2022

viernes, 1 de abril de 2022

LIBERESPAZO

 Durante este curso retomamos os PASES AO LIBERESPAZO que utilizamos en anos anteriores para fomentar a lectura entre as crianzas.

A quí vemos un exemplo nun grupo de 3º de Primaria, cos pases xa cubertos e mesmo con "agasallo sorpresa".