miércoles, 30 de marzo de 2022

ENCONTROS PLAMBE 2021-22

Os pasados 24 e 25 de marzo celebráronse no Pazo de Congresos en Santiago os Encontros Plambe do 2021-22. Recuperaron a presencialidade e contaron coa intervención de varias personalidades do mundo das bibliotecas, literatura, investigación patrimonial, comunicación, mediación lectora, alfabetizacións múltiples, etc. Con presentación de experiencias en distintos centros escolares de Galicia.


Se queredes saber máis podedes visitar o blog de bibliotecas escolares de Galicia.




domingo, 27 de marzo de 2022

ESCRITORES E ESCRITORAS NA BIBLIOTECA

Este curso recuperamos, afortunadamente, a presencialidade das visitas dentro da nosa biblioteca.

Así, a semana pasada estivo con nós o ilustrador/escritor DAVID RODRÍGUEZ, que deleitou ao alumnado de 1º de Primaria falando da súa obra Superavoa.





lunes, 21 de marzo de 2022

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Para un día tan especial podes pasar pola biblioteca e visitar a nosa sección de POESÍA. Está cargadiña de poemas que todos os anos medra e medra...






sábado, 19 de marzo de 2022

VÍDEOS DO ENTROIDO

 



Aquí están os vídeos da celebración do Entroido 2022. 
Un Entroido de cine!
Podedes ver máis no blog do noso PDI: O cine



miércoles, 9 de marzo de 2022

MULLERES GALEGAS

 

Desde o Departamento de Dinamización da lingua estase a facer estes días unha gran labor de documentación sobre as mulleres galegas máis influintes do ano. Aquí tedes a exposición no taboleiro.

Tamén se intenta recordar ás mulleres ucraínas que están a pasar por circunstancias adversas.









martes, 8 de marzo de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER


 Levamos a cabo moitas actividades das que iremos informando nestes días.

Comezaremos cun vídeo cheo de bandeiras: "Sementando feminismo"



Traballo en E. Infantil sobre a pioneira do cine de animación Lotte Reiniger.



No blog do noso proxecto deste ano tedes máis información e podedes aprender máis cousas desta gran cineasta nacida hai máis de 100 anos.





CONCURSO: "Mulleres que fan historia"

 Como todos os anos, e vós xa ben sabedes, convocamos unha nova edición do Concurso de pistas para investigar sobre mulleres que destacan en mundos que ate non hai moito tempo estaban cheos só de homes.

Este ano, seguindo o Proxecto do noso centro, son mulleres que traballan no mundo do cine.

Animádevos a participar. recollede a ficha na biblioteca, investigade, escribide e entregadea durante esta semana e a próxima. Non esquenzades poñer o voso nome.

Participaredes nun sorteo de agasallos.

Aquí van dúas pistas:



1ª pista: Foi pioneira no mundo da animación facendo siluetas recortadas e animadas.

2ª pista: Galega gañadora dun premio GOYA pola banda sonora dunha película.

E aquí vedes aos primeiros interesados en participar no concurso.



lunes, 7 de marzo de 2022

OBSERVATORIO NA ESCOLA

 Nas pasadas semanas as nenas e nenos de Primaria visitamos un observatorio no ximnasio da nosa escola.

O Observatorio da Ruta Quetzal.

Sorprendente!





domingo, 6 de marzo de 2022

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. LECTURAS RECOMENDADAS

A ANPA do noso colexio, sempre ben asesorada, ven de contribuir cun lote moi interesante de recursos bibliográficos que formarán parte da nosa biblioteca para traballar e desfrutar nunha data tan importante como é o 8 de marzo e por suposto, todo o ano.

Aquí podedes ver os interesantes títulos.

Neste enlace da Biblioteca Infantil de Afundación podedes ver máis:



Hecho con Padlet