jueves, 22 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. GUÍA DE NADAL


 Dende a biblioteca da noso centro queremos desexarvos un Bo Nadal!

Podedes consultar as nosas recomendacións lectoras premendo no enlace seguinte:


GUÍA DE NADAL

lunes, 19 de diciembre de 2022

CHEGOU O NADAL

 

Na porta da biblioteca podes atopar unha chea de libros coa temática de Nadal. Alí está o Apalpador para desexarte un Bo Nadal!






ÁS PORTAS DO INVERNO

 


Chega o inverno e na neve do noso taboleiro as nenas e nenos escriben o título dos libros que máis lles gustan, como recomendacións lectoras para ofrecer a quen o queira recoller.
Podedes pasar por alí cun boli na man e plasmar tamén os vosos gustos literarios.

lunes, 5 de diciembre de 2022

domingo, 4 de diciembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


 O sábado, 3 de decembro, conmemorouse o día das distintas capacidades.

No noso colexio expoñemos distintos libros que nos fan reflexionar sobre as distintas capacidades das persoas. 

Animádevos a ollalos!

Aquí tedes algunhas mostras: (premede na imaxe para ampliar)




viernes, 11 de noviembre de 2022

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

 


O pasado día 5 de novembro celebramos un MAGOSTO. Como en cursos anteriores, as nenas e nenos da escola prepararon os seus recipentes para encher de castañas.

Pronto veredes aquí publicadas máis imaxes do evento...

TALLER NA BIBLIOTECA


 O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou estes días nun taller na Biblioteca do centro organizado polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias da escola.

As nenas e nenos desfrutaron de xogos e actividades e aprenderon moitas cousas sobre o consumo, a economía ...




sábado, 29 de octubre de 2022

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

 No patio e na biblioteca do colexio, as nenas e nenos de 4º de Primaria participaron nunha coreografía TERRORÍFICA!!!, con banda sonora da película "A familia Adams".

Daban moito medo!




miércoles, 26 de octubre de 2022

MADRIÑAS E PADRIÑOS

 Ao longo desta semana o alumnado de Primaria está a ler contos aos máis pequenos. Todo iso dentro do programa de actividades para conmemorar o mes das bibliotecas.

Retomamos pois, unha actividade que tanto prace ás nenas e nenos, xa que en cursos anteriores non puido ser levada a cabo.

Nestas imaxes e vídeos podedes ver o que desfrutaron nenas e nenos. 



As madriñas e padriños foron ao edificio de E. infantil buscar a nenas e nenos para lles contaren contos na biblioteca e outras dependencias do centro.

















sábado, 15 de octubre de 2022

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 


ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, é o lema escollido por Bibliotecas escolares de Galicia para o novo curso.

Preme no cartel para ler toda a información.

viernes, 7 de octubre de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS 2022

 



A VII edición do Día das escritoras celébrase este ano o 17 de outubro.

Ten como lema "Antes, durante e despois das guerras". Preme nel e atoparedes mçais información (Blog de Bibliotecas Escolares de  Galicia)

Aquí tedes algúns traballos das nosas escritoras máis novas:






domingo, 2 de octubre de 2022

BOLSAS E MOCHILAS


 

Estanse a preparar as bolsas de préstamo para o alumnado máis cativo e as mochilas viaxeiras, tanto para Infantil como para Primaria.

Moi pronto chegarán aos fogares!

NOVO CURSO: 2022-2023

 BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BIBLIOTECA!

Un curso máis, a nosa biblioteca comeza as actividades. Agardámosvos nela como todos os anos. Xa está aberta e funcionando a toda máquina!


viernes, 10 de junio de 2022

A NOSA BIBLIOTECA



 

OS ESPAZOS NATURAIS

 O Equipo de actividades extraescolares e complementarias organizou unha charla  cun monitor  que acompañará ao alumnado de 5º a unha visita ás Fragas do Eume. Por iso visitou a estes nenos e nenas na nosa bibliotexa falándolles da importancia de conservar os espacios naturais tan valiosos que temos na nosa terra. 

Un aplauso para esta actividade!





A GALIÑA AZUL: PALABRAS VENCEDORAS


Xa temos palabras cencedoras desta edición da Galiña azul:
As nenas e nenos din, a través dos ovos da galiña, que as palabras máis fermosas son:
AGARIMO e BOLBORETA, con 10 ovos cada unha (dos 145 participantes).
Boa elección!!!


 

viernes, 3 de junio de 2022

FOTOS EN CURSO

Dentro do Plan Proxecta, o alumnado de 4ª de Primaria ven de realizar unha experiencia titulada "Fotos en curso". Xunto coas tres titoras realizaron marabillosas fotografías das que todos e todas poidemos desfrutar no recibidor do colexio.

Fotografía en curso é un programa internacional, coordinado pola Consellería de Educación e a Filmoteca de Galicia. Nel participan alumnos e alumnas de moitos territorios e de diversos contextos socioculturais mentres comparten unha metodoloxía e referentes comúns. É un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica.

O noso proxecto nace coa idea de empregar dunha maneira efectiva, coma un recurso máis, e dun xeito interdisciplinar o uso da fotografía na práctica docente, tentando afondar ademais na competencia dixital tanto do profesorado, coma do alumnado e sensibilizar no coidado do medio ambiente e no respecto ás diferencias existentes entre todas as persoas. 










Aquí tedes os Enlaces fotografía e curso:


 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/27605

 

A xanela de Roque

 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/27606

 

Dinámicas iniciais

 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/27608

 

 

Espazos baleiros

 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/27609

 

 

Reflexións poéticas

 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/28394

 

 

A miña xanela

 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/28395

 

 

Traballamos cos retratos

 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/28396

 

 

Inventando historias: “Un día de neve”

 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/28572

 

 

Exposición “Roteiro polo Banquete”

 

https://www.fotografiaencurs.org/es/node/28573

 

 

 

 

Exposicións

 

Retratos dos nosos maiores

 

https://www.fotografiaencurs.org/ca/content/retratos-dos-nosos-maiores-18

 

 

Meteoroloxía nas nosas fotos

 

https://www.fotografiaencurs.org/ca/content/meteorolox%C3%ADa-nas-nosas-fotos

 

 

Atopendo a beleza

 

 

https://www.fotografiaencurs.org/ca/content/atopando-beleza

 

 

Baleiros

 

https://www.fotografiaencurs.org/ca/content/baleiros

 

 

Roteiro polo Banquete de Conxo

 

https://www.fotografiaencurs.org/ca/content/roteiro-polo-banquete-de-conxo



martes, 31 de mayo de 2022

FIN DE CURSO PARA AS MOXILAS VIAXEIRAS


As nosas mochilas viaxaron un curso máis aos fogares das nenas e nenos. Agora toca que descansen... ata o próximo curso, claro!

 

jueves, 26 de mayo de 2022

MÁIS CONCIENCIA PARA SALVAR O PLANETA

Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias da nosa escola coordinou unha actividade desenvolvida durante esta semana na nosa biblioteca.


Unha actividade titulada A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, para tomar conciencia do serio problema que supón para o medio a "invasión" de moitas plantas que veñen de fóra das nosas fronteiras.

O alumnado de 5º e 6º tomou boa nota de todo e mesmo participou en xogos a fin de  reflexionar sobre este importante problema.

Unha vez máis...coidemos o noso planeta xa que...NON HAI PLANETA  B!!!


No blog do PDI  O Planeta é a nosa casa, podedes ver un vídeo coas imaxes da actividade.

AS NOSAS POESÍAS-PAXARO

 




lunes, 23 de mayo de 2022

ASÍ SE FAI...

 

Mirade como se fai. Unha nena e un neno de E. Infantil nolo explican... en tres pasos:




E... xa están aquí as nosas mans con poesías.


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Traballos en torno á figura de Florencio Delgado Gurriarán


A poesía nas nosas mans. Poemas de Florencio nas mans de todos os nenos e nenas do noso colexio







sábado, 21 de mayo de 2022

MERCATROCO DE LIBROS

Esta semana fomos todos e todas ao mercado! Os equipos de Dinamización da Lingua e Biblioteca organizaron  un mercado de cambio de libros, con varios postos para todas as idades.

Todo isto para festexar, dentro da nosa semana cultural, a importancia dos libros e das letras.

Un éxito de mercatroco!












martes, 17 de mayo de 2022

OS MAIOS



Con talleres utilizando plantas e flores desfrutaron as nenas e nenos de Infantil das cores e olores da primavera.