sábado, 29 de mayo de 2021

PREMIO NO CONCURSO DE MICRORRELATOS DA RAG E PUNTOGAL

 

As historias gañadoras do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa poden lerse no volume dixital dispoñible na sección de publicacións de academia.gal e en relatos.gal.

Os contos foron elixidos entre preto de 1600.

Na nosa escola estamos de noraboa grazas á nosa alumna Carmen Mendaña, que levou un maravilloso premio. 

Moitos parabéns a esta prometedora escritora!!!!

(Non esquenzades ler o relato de Carmen descargándoo na ligazón sinalada arriba nesta entrada)


 

MOCHILAS E BOLSAS DE PRÉSTAMO

 




Durante este curso tamén visitaron as casas das nenas e nenos as mochilas cargadiñas de recursos e as bolsas de préstamo. Sempre tendo en conta as normas do protocolo sanitario de gardar corentena entre visita e visita, por suposto!

jueves, 27 de mayo de 2021

PROXECTOS BASADOS EN LIBROS

 Ademáis do proxecto da entrada anterior, baseado no libro "León de Biblioteca", no noso colexio  traballamos todo o ano con recursos bibliográficos moi interesantes. Aquí tedes algúns exemplos de proxectos realizados a partir de libros.



miércoles, 26 de mayo de 2021

TEATRO: LEÓN DE BIBLIOTECA

 Durante a nosa quincena cultural as nenas e nenos de 6º C gravaron e montaron un vídeo dunha obra de teatro que ensaiaron e puxeron en práctica baseada  no conto "León de biblioteca" de M. Knudsen, logo de ser adaptada pola súa profesora Olga.


Desfrutade desta preciosa posta en escena!

lunes, 24 de mayo de 2021

FAMILIAS COLABORADORAS

 Ao longo do curso as nosas familias participaron nas distintas propostas que desde os diferentes equipos da escola se lles foron propoñendo. 

Aquí podedes ver un exemplo. Desde o Equipo de EDLG  animouse ás familias a enviar fotografías do noso outono,  que formaron este precioso vídeo:





sábado, 15 de mayo de 2021

RECORDANDO A XELA ARIAS

 



Proxectamos vídeos sobre a poeta das nosas letras

O 17 de maio é o día das Nosas Letras. Dentro das actividades da semana cultural tamén recordamos á figura da homenaxeada deste ano, Xela Arias.

FIXEMOS UN MAIO

 Todas e todos colaboramos neste precioso Maio, elaborado dentro da nosa semana cultural. O alumnado de E. Infantil colgou os seus "minimaios" no patio interior.





A GALIÑA AZUL (A NOSA PITA POLEIRA)

Dentro da semana cultural, coincidindo con datas próximas ao 17 de maio, a nosa galiña sae do seu niño e colócase no recibidor da escola para que nenos e nenas lle pinten os ovos cunha palabra fermosa en galego. A ver cal gaña este ano!



martes, 11 de mayo de 2021

QUINCENA CULTURAL

 Durante estas dúas semanas estamos a realizar na nosa escola unha serie de actividades, xunto co Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística, dos que iremos amosando imaxes nos próximos días: Uns maios, unha galiña azul cheíña de ovos, unha gran poeta das nosas letras...

Aquí tedes os traballos das nosas nenas e nenos.







CHARLAS MEDIOAMBIENTAIS NA BIBLIOTECA


O programa "Para unha Transición Ecolóxica" desenvolvido  co apoio da Deputación da Coruña pretende acercar á escola os parques naturais e as reservas da biosfera da nosa provincia. 

O alumnado de 6º recibiu charlas na biblioteca para preparar as visitas aos dous parques naturais protexidos: O Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Comprexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

PROXECTOS




 Aquí temos exemplos de proxectos desenvolvidos nas aulas de E. Infantil tendo como centro recursos bibliográficos: Nadarín ou O monstro de cores.