sábado, 29 de febrero de 2020

TALLERES DA HORTA

Onte, venres 28 de febreiro, desenvolvéronse na biblioteca dous talleres co alumnado do primeiro ciclo e cortesía da ANPA do colexio.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desfrutaron moito coa elaboración de produtos  naturais de uso cotiá: unha crema de Aloe Vera e vinagre aromatizado, dos que levaron mostras para as súas casas, por suposto!
Aquí podedes ver o reportaxe gráfico de tal evento:
(Podedes informarvos máis ampliamente no blog da "Horta á cociña". Alí tamén podedes ver como seguen os nosos hortos). A próxima semana tocaralle o turno ao alumnado de E. Infantil.






lunes, 24 de febrero de 2020

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe é o gran día, o día de Rosalía de Castro. 
Como estamos de vacacións de Entroido, cando cheguemos ao colexio de novo, lembraremos á gran escritora repartindo, como en anos anteriores, poemas entre o alumnado, profesorado e familias.


ROSA ANEIROS

A escritora Rosa Aneiros visitounos a pasada semana para charlar co alumnado de 5º e 6º e asinar o seu libro Xelís, o guieiro das botellas de mar.


miércoles, 12 de febrero de 2020

11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA







 Para conmemorar esta data, a arqueóloga Andrea Mouriño, muller de Ciencia recién chegada da Universidade, falounos das excavacións arqueolóxicas de Galicia e invitou ao alumnado de 5º de Primaria a realizar un taller na biblioteca do noso colexio.

sábado, 1 de febrero de 2020

CLUB DE LECTURA

O noso club de lectura comenzou a funcionar. Unha novidade deste curso que xuntou a 20 nenos e nenas para unha lectura común  e outras estupendas actividades. O libro escollido é A praia da esperanza, de Agustín Fernández Paz, obra de ficción inspirada na catástrofe do Prestige na Costa da Morte.



Aquí tedes ao noso grupo de 5º de Primaria, na primeira sesión do Club, coa bolsa que contén:
 O libro,  Información sobre o mesmo e o autor así como a Marea negra do Prestige, un bolígrafo, un marcapáxinas e unha ficha para recoller palabras relacionadas co tema da contaminación, o ambiente, o noso Planeta...
Coas palabras seleccionadas, ao remate da lectura, elaboraremos un ABC a modo de dicionario que nos axudará a comprender mellor o vocabulario relacionado co tema.


OBRAS NA BILBIOTECA

Estamos en obras na nosa biblioteca e en breve amosará unha cara nova, moito máis alegre e acolledora.
Estamos desexando entrar nela!!!

SEMANA DA PAZ

A nosa exposición no recibidor do colexio recolle fondos variados sobre a Paz.