miércoles, 24 de abril de 2019

Sorteo do concurso MULLERES QUE FAN HISTORIA

Dentro das actividades desta semana do Libro estamos a realizar os sorteos de premios entre os participantes no concurso Mulleres que fan historia.
Moita sorte a todas e todos!!!

23 de abril: DÍA MUNDIAL DO LIBRO




Con este precioso poema, a escritora  MARILAR ALEIXANDRE recórdanos o marabilloso que é ler. Moitas grazas Marilar.

Esta semana estamos a conmemorar a festa dos libros.  Xunto á porta de entrada da biblioteca podedes ver dúas famosas personaxes que nolo recordan. Tamén podedes desfrutar dunha exposición de libros sobre libros para todas as idades e de todos os xéneros. Achegádevos a eles!!!


Recordamos que dentro da Quincena Cultural programada para o mes de maio levaremos a cabo un montón de actividades relacionadas coa biblioteca, a lectura, a escritura, a creación, a investigación...
Ídevos preparando!


lunes, 8 de abril de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DO POBO XITANO

Hoxe, 8 de abril celébrase o Día do pobo xitano. No colexio pasámolo en grande con música, baile e palmas a cargo do grupo TACÓN GITANO, por cortesía da ANPA do noso colexio e dentro do programa de actividades a desenvolver co gallo da celebración do XXV aniversario do barrio e por suposto, do colexio.

Ademais, na biblioteca do centro proxectouse unha curtametraxe protagonizada por mulleres xitanas do barrio. A curtametraxe titúlase "Marcando la diferencia".


sábado, 6 de abril de 2019

TEMPO DE REGUEIFAS

Como en pasados anos, os regueifeiros chegaron a Fontiñas e entraron na nosa biblioteca a compoñer regueifas co alumnado. En próximas datas irán asistindo a este taller os nenos e nenas do colexio.


MÓNICA FERNÁNDEZ E ANA ALONSO NA BIBLIOTECA

O pasado xoves, día 4 de abril visitáronnos dúas escritoras do mundo infantil, Mónica Fernández e Ana Alonso, que deleitaron ao pequeno público de 2º  e 4º respectivamente.