Nesta data tan significativa visitounos Teresa González Costa, autora de A noite das bicicletas. O alumnado de 6º de Primaria desfrutou da súa compañía na biblioteca do centro.
jueves, 28 de marzo de 2019
domingo, 24 de marzo de 2019
ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
O venres 22 de marzo tiveron lugar os Encontros de bibliotecas escolares 2018/19 incluidas no plan de mellora de Bibliotecas.
21 de marzo: DÍA DA POESÍA
Como ben sabedes, o 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía.
Na nosa biblioteca escollemos varias obras para que vos acerquedes ao mundo da poesía e expoñemos poemas de poetas significativos para vós.
Na semana cultural de maio seguiremos achegándonos a este mundo con máis actividades.
ROSALÍA MORLÁN NA BIBLIOTECA
Esta semana visitounos a poeta compostelá Rosalía Morlán, que contou ao alumnado de 4º moitas cousas da súa vida e de como escribe e conecta coas lectoras e lectores. Tamén os invitou a participar nunha actividade teatral moi creativa.
Moitas grazas Rosalía!
Moitas grazas Rosalía!
viernes, 8 de marzo de 2019
8 de marzo: DÍA DA MULLER
Para conmemorar estas datas de novo convocamos o Concurso "MULLERES QUE FAN HISTORIA".
As bases están xa na biblioteca. Podedes consultalas cando queirades e animarvos a participar.
Este ano, o tema arredor do que xira o concurso é O noso Patrimonio, como xa sabedes. Así, irán aparecendo as fotografías das mulleres seleccionadas acompañadas dunha pista que facilita que averigüedes os seus nomes. Este curso serán tres as mulleres elixidas e debedes escribir os seus nomes na ficha que se vos entregará se queredes participar.
Todas e todos entraredes nun sorteo para recibir un agasallo.
Aquí tedes a imaxe da primeira pista e a nosa pequena exposición de libros sobre Mulleres que fan Historia.
Se queredes lembrar as pistas entrade no blogue do noso Proxecto documental deste curso:
https://onosopatrimoniocultural.blogspot.com/
ou premede na imaxe anterior e poderedes acceder a elas.
martes, 5 de marzo de 2019
VIVA O ENTROIDO!
Aquí tedes parte da selección de libros da biblioteca para ler sobre o noso Entroido.
Tamén podedes ver o noso Meco que se despediu de todas e todos coas coplas do seu Testamento.
Representa, como ben sabedes, a un peregrino que para durante a semana previa ao Entroido para dar "mandados" a nenas e nenos que lle queiran facer caso. Na última sesión despídese para dar a benvida ás marabillosas datas do Entroido.
(Se queredes ver as fotos premede no Meco).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)