Esta semana abrimos o cofre dos libros de medo, con moito tino, por se dentro había algunha sorpresa!
miércoles, 31 de octubre de 2018
sábado, 27 de octubre de 2018
MADRIÑAS E PADRIÑOS
Esta semana foi especial no colexio. O alumnado fixo de padriño ou madriña e tamén de afillado e afillada lendo libros de medo e contos de terror para recordarnos que logo veñen as datas do SAMAÍN. Todo esto para recordar, na semana das bibliotecas, que os libros sempre están ahí para desfrutar e aprender e que hai libros para todas as ocasións.
martes, 23 de octubre de 2018
SANTIAGO E FEDERICO GARCÍA LORCA
Recentemente, o Pleno da Corporación Municipal aprobou o nomeamento de D. Federico García Lorca como FILLO ADOUTIVO de Santiago de Compostela, en xusto recoñecemento pola publicación, na lingua propia de Galicia, do seu libro "Seis poemas galegos".
Así, proponse o Día 25 de outubro, como Día para recordar a Federico García Lorca.
24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Esta semana celebramos a semana das Bibliotecas, recordando que o día 24 de outubro é o Día Mundial das Bibliotecas.
No noso colexio estamos a recordalo durante todo o mes a través das visitas guiadas para os cursos inferiores pero tamén para os nenos e nenas maiores, que están sendo informados, a través destas visitas, das novas que presenta a nosa biblioteca este curso.
Ademais, nesta semana o alumnado dos cursos superiores apadriñarán aos pequenos léndolles libros. As obras escollidas son contos de Medo, introducindo así as próximas datas do SAMAÍN.
viernes, 19 de octubre de 2018
SKATE: DEPORTE NA BIBLIOTECA
Esta semana estiveron na nosa BiBLIOTECA con todos os nenos e nenas do colexio, dous monitores da SKATE ESCOLA que nos deleitaron cunhas estupendas charlas sobre este fascinante deporte que proximamente será olímpico.
Moitas grazas aos dous!!!
lunes, 15 de octubre de 2018
VII EDICIÓN DO CONCURSO DE REALTOS CURTOS DE TERROR
Como cada ano invitámosvos a participar nunha nova edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do centro en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Bases do concurso:
Primeira.
As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados
dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas e
escritas en galego. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria,
sobre terror, medo ou temas que
causen asombro. Terase en conta que inclúan referencias ao noso
patrimonio xa que é o tema do PDI
deste curso para o noso centro.
Segunda.
Poderanse presentar alumnos e alumnas
de forma individual, parella ou pequeño grupo.
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de
dúas carillas de folio manuscrito de extensión. (Incluida a ilustración).
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o
venres, 16 de novembro de 2018.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores
publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas
co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado
escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Compre que xunto coas obras se proporcione a
seguiente información:
Titulo do
relato/debuxo…………….
Autor/a/s………………..
Curso e grupo………………..
Novena. As obras a concurso deberán entregarse ás titoras/es,
que llas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das
bases.
jueves, 11 de octubre de 2018
CONCERTOS NA BIBLIOTECA
Aquí tedes as frescas imaxes dos dous concertos didácticos que poidemos presenzar na nosa biblioteca o martes pasado e hoxe mesmo.
Moitas grazas a Alfaia por compartir con todos e todas a súa música!
BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO!
Comeza outro curso e desde a Biblioteca queremos darvos a benvida, para que un ano máis nos visitedes e desfrutedes das actividades que alí se ofrecen.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)