Unha vez máis a nosa biblioteca serve de lugar para visitas interesantes. Esta vez, a policía, que charlou e informou aos nenos e nenas de 5º curso. Moitas grazas!
jueves, 22 de marzo de 2018
martes, 20 de marzo de 2018
martes, 13 de marzo de 2018
VISITAS NA BIBLIOTECA
Hoxe, día 13 de marzo, visitáronnos na biblioteca dúas estupendas escritoras que compartiron con nenas e nenos o seu saber e os desexos de escribir, ler e desfrutar.
Moitas grazas María menéndez-Prado e Ledicia Costas!
Moitas grazas María menéndez-Prado e Ledicia Costas!
LEDICIA COSTAS
MARÍA MENÉNDEZ-PRADO
martes, 6 de marzo de 2018
Semana da PRENSA: do 5 ao 9 de marzo
Durante esta semana dedicaremos un tempo á prensa nas clases. Na biblioteca podedes ver e traballar con xornais de diferentes países e distintas linguas: chinés, etíope, italiano, ruso, turco...
viernes, 2 de marzo de 2018
NOVA EDICIÓN DO CONCURSO: MULLERES QUE FAN HISTORIA
Como en anos anteriores, en torno á data do 8 de marzo, propoñemos desde a biblioteca do centro un concurso para adiviñar o nome dalgunhas mulleres destacadas na historia e no mundo actual.
Este curso, o tema escollido xira en torno ao noso proxecto documental titulado como sabedes: Da horta á cociña.
O próximo martes, día 6 de marzo, aparecerá a 1ª imaxe e a 1ª pista para adiviñar o nome dunha muller importante no tema escollido.
No taboleiro da biblioteca está exposto o cartel anunciador do concurso que contén as bases do mesmo.
Alí poderedes recoller a ficha para participar e informarvos das dúbidas que poidades ter.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)