Don Sacho, o noso Meco, despediuse de todos e todas cunhas coplas a modo de testamento:
DESPEDIDA DO MECO. ENTROIDO 2018
HOXE REMATA
TODO
DESFACÉMONOS
DO MECO
UN SAÚDO PARA OS MESTRES
UN SAÚDO PARA OS NENOS
E NESTE
MOMENTO
PASO A LER
O TESTAMENTO:
DÉIXOLLE ESTE SACHO
A TODOS E TODAS
PARA QUE CON EL TEÑAN
COLLEITAS BEN BOAS
DÉIXOLLE O
MEU SOMBREIRO
A QUEN O
QUEIRA POÑER
CANDO PETE
O SOL BEN FORTE
BOA FALTA
LLE HA FACER
DÉIXOLLE A
MIÑA ROUPA
AOS VECIÑOS
DE FONTIÑAS
PARA FACER
UN ESPANTALLO
E QUE CANTE
UNHAS CANTIGAS.
DÉIXOLLE OS
MEUS ZAPATOS
AO NOSO
SEÑOR ALCALDE
PARA QUE
ARRANXE O COLEXIO
PERO
TOTALMENTE DE BALDE.
DÉIXOLLE AS MIÑAS MANS
A QUEN SAIBA
TRABALLAR,
(SE LLAS DEIXO A UN LACAZÁN
NINGUNHA FALTA LLE FAN).
AQUÍ REMATA
O MEU
TESTAMENTO
PARA QUE SE
CUMPRA
NESTE MESMO
MOMENTO.
E QUE VIVA O ENTROIDO!