lunes, 26 de noviembre de 2018

RECICLAMOS TAMÉN NA BIBLIOTECA

O equipo da Tropa Verde volveu de novo á biblioteca para ralizar un taller de reciclase ben interesante e, sobre todo agora que se achega o Nadal.


sábado, 10 de noviembre de 2018

POLICÍA LOCAL NA BIBLIOTECA



A pasada semana a Policía Local de Santiago charlou e informou, na nosa Biblioteca, ao alumnado de 4º de Primaria.

miércoles, 31 de octubre de 2018

LIBROS DE MEDO POLO SAMAÍN

Esta semana abrimos o cofre dos libros de medo, con moito tino, por se dentro había algunha sorpresa!




sábado, 27 de octubre de 2018

VISITAS GUIADAS

Seguimos coas visitas guiadas á nosa biblioteca. Mesmo facemos xogos para familiarizarnos con ela.



MADRIÑAS E PADRIÑOS

Esta semana foi especial no colexio. O alumnado fixo de padriño ou madriña e tamén de afillado e afillada lendo libros de medo e contos de terror para recordarnos que logo veñen as datas do SAMAÍN. Todo esto para recordar, na semana das bibliotecas, que os libros sempre están ahí para desfrutar e aprender e que hai libros para todas as ocasións.






martes, 23 de octubre de 2018

SANTIAGO E FEDERICO GARCÍA LORCA


Recentemente, o Pleno da Corporación Municipal aprobou o nomeamento de D. Federico García Lorca como FILLO ADOUTIVO de Santiago de Compostela, en xusto recoñecemento pola publicación, na lingua propia de Galicia, do seu libro "Seis poemas galegos".

Así, proponse o Día 25 de outubro, como Día para recordar a Federico García Lorca.

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta semana celebramos a semana das Bibliotecas, recordando que o día 24 de outubro é o Día Mundial das Bibliotecas.
No noso colexio estamos a recordalo durante todo o mes a través das visitas guiadas para os cursos inferiores pero tamén para os nenos e nenas maiores, que están sendo informados, a través destas visitas, das novas que presenta a nosa biblioteca este curso.
Ademais, nesta semana o alumnado dos cursos superiores apadriñarán aos pequenos léndolles libros. As obras escollidas son contos de Medo, introducindo así as próximas datas do SAMAÍN.

viernes, 19 de octubre de 2018

SKATE: DEPORTE NA BIBLIOTECA

Esta semana estiveron na nosa BiBLIOTECA con todos os nenos e nenas do colexio, dous monitores da SKATE ESCOLA que nos deleitaron cunhas estupendas charlas sobre este fascinante deporte que proximamente será  olímpico.

Moitas grazas aos dous!!!



lunes, 15 de octubre de 2018

VII EDICIÓN DO CONCURSO DE REALTOS CURTOS DE TERROR

Como cada ano invitámosvos a participar nunha nova edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do centro en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas e escritas en galego. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre  terror, medo ou temas que causen asombro. Terase en conta que inclúan referencias ao noso patrimonio xa que  é o tema do PDI deste curso para o noso centro.
Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou pequeño grupo.
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de dúas carillas de folio manuscrito de extensión. (Incluida a ilustración).
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o venres, 16 de novembro de 2018.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Compre que xunto coas obras se proporcione a seguiente información:
Titulo do relato/debuxo…………….
Autor/a/s………………..
Curso e grupo………………..
Novena. As obras a concurso deberán entregarse ás titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.


jueves, 11 de octubre de 2018

CONCERTOS NA BIBLIOTECA



Aquí tedes as frescas imaxes dos dous concertos didácticos que poidemos presenzar na nosa biblioteca o martes pasado e hoxe mesmo.
Moitas grazas a Alfaia por compartir con todos e todas a súa música!



BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO!

Comeza outro curso e desde a Biblioteca queremos darvos a benvida, para que un ano máis nos visitedes e desfrutedes das actividades que alí se ofrecen.

sábado, 23 de junio de 2018

ROSALÍA E MANUEL

As nenas e nenos do colexio disfrazáronse de Rosalía de Castro e Manuel Murguía para conmemorar a data de Rosalía co maravilloso  lema "Rosalíate"

A PITA POLEIRA

Aquí podedes ver as palabras gañadoras na II edición do concurso de palabras fermosas en galego.


jueves, 21 de junio de 2018

EVA AGRA NA BIBLIOTECA

A biblioteca segue coas súas actividades ate o fin do curso. O martes pasado visitounos EVA AGRA, a ilustradora dalgunhas das obras da serie Mulleres bravas da nosa historia, da editorial compostelana URCO. 
Moitas grazas Eva por falarnos das túas experiencias!



lunes, 18 de junio de 2018

domingo, 17 de junio de 2018

jueves, 31 de mayo de 2018

XORNALISTAS NA BIBLIOTECA

O alumnado de 4º recibiu a visita na biblioteca de dous xornalistas, pai e nai de varios nenos e nenas do cole. Trátase de Susana González e Xoán Álvarez que explicaron a nenas e nenos como se elabora unha noticia e moitas curiosidades do oficio de xornalista.
Mesmo "publicaron" un xornal, O voceiro de Fontiñas.
Aquí podedes ver a imaxe.


RECIBIDOR FLORIDO


Temos o recibidor cheo de flores-libros, coma un xardín de contos creados por nenas e nenos para conmemorar o día das nosas letras, dedicado a Mª Victoria Moreno. Mesmo hay un libro en Braille e todos poden ser ollados.

domingo, 27 de mayo de 2018

2ª EDICIÓN DA NOSA PITA POLEIRA

A nosa Pita Poleira Azul volve a pedirnos que participemos nunha nova edición do concurso para escoller a palabra favorita en lingua galega. É unha actividade que foi realizada durante a semana cultural que coincidiu coa celebración das nosas letras.
Este ano pediunos que lle leváramos mazarocas de millo coa palabra escrita nelas.
Aquí tedes a nosa galiña. En breve publicaremos a palabra escollida.


lunes, 21 de mayo de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO

Para rematar a semana, desde a nosa biblioteca queremos facer unha homenaxe moi sentida á autora das letras galegas deste ano 2018.

 Mural sobre María Victoria Moreno

REGUEIFEIROS E REGUEIFEIRAS

Na semana cultural os alumnos e alumnas de quinto realizaron un taller de regueifas coa regueifeira Alba que resultou ser moi proveitoso e divertido.




MADRIÑAS E PADRIÑOS

Na semana cultural tamen apadriñamos aos máis cativos. Nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de Primaria estiveron acompañados das súas madriñas e padriños en lecturas compartidas. Leron no patio e na biblioteca. Algúns mesmo poideron recibir un pequeno agasaallo dos seus padriños/madriñas, un boneco lector.





Alumnado de 6º co agasallo para as nenas e nenas de E. Infantil




miércoles, 16 de mayo de 2018

CARRETILLA DE LIBROS

Na nosa biblioteca temos unha carretilla chea de libros sobre o noso proxecto. Lembrade que podedes buscar nela o que necesitedes.


CONTINUAMOS...

A semana cultural segue no centro, con moitas e variadas actividades. Podedes ver imaxes da obra de teatro Zongalo Quirico, interpretada na biblioteca polo alumnado de 3º C.



Parabéns pola estupenda interpretación!

lunes, 14 de mayo de 2018

COMENZAMOS A SEMANA CULTURAL...


Comenzamos a semana cultural con visitas na biblioteca e co noso proxecto presente Da horta a cociña.
 Neste caso, tres profesionais da restauración amosáronnos alimentos, receitas, utensilios, oficios relacionados coa cociña e a alimentación e moitas cousas máis, para quedarmos  coa boca aberta!
 Moitas grazas Juan, Mabel e Vanesa! Grandes profesionais!

SEMANA CULTURAL

Como en anos pasados, celebramos unha semana cultural chea de actividades, moitas delas vinculadas á nosa biblioteca. Aquí tedes o noso programa:


PROGRAMA SEMANA CULTURAL
 DO 14 AO 18 DE MAIO DE 2018



  • Luns 14, ás 11:00 na biblioteca.Taller de cociña-charla cos cociñeiros e coxiñeiras Vanesa Vera, Juan Manuel García e Mabel Germil.


  • Martes 15, ás 12:30 na biblioteca. Literatura e música,sobre a vida e obra de Mª Victoria Morenocoa colaboración da pianista Yolanda Montserrat Delgado.

  
  • Martes 15 , no patio .Lecturas apadriñadas5ºA-B apadriñan ao alumnado de E. Infantil de 4 anos.

  
  • Mércores 16, ás 12:00 , no patio. “ Baile das cintas”.


  • Mércores 16, espectáculo “Sen medidas”. Novocirco. Educación Infantil

  
  • Mércores 16, ás 12:30, na bibioteca. Teatro, “ Zongalo Quirico” de Gloria Sánchez.


  • Venres 18. Lecturas apadriñadas, (continuación)


  • Venres 18. Regueifas. Ás 10:30 na biblioteca. Alumnado de 5º de E.P.



jueves, 26 de abril de 2018

ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O noso centro, participou nos Encontros de Bibliotecas Escolares  o pasado 13 de abril no Palacio de Congresos de Santiago.




TEATRO NA BIBLIOTECA



VISITAS NA BIBLIOTECA


Libros asinados polo autor

Jacobo Fernández Serrano e Iago López visitaron o noso cole, contaron aos nenos e nenas un montón de anécdotas e contos, debuxaron aos personaxes dos seus libros e por suposto, asinaron obras.
Moitas grazas!

lunes, 23 de abril de 2018

23 de abril: DÍA DO LIBRO


Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro. Na entrada da nosa biblioteca tedes unha mostra de libros interesantes sobre libros e bibliotecas.
Desfrutade dos libros!!!! 

sábado, 21 de abril de 2018

OS NENOS E AS NENAS CON ROSALÍA

Coas imaxes recibidas sobre a nosa gran escritora fixemos un precioso vídeo con música da agrupación VintenBaio.
Aquí o tedes.

domingo, 15 de abril de 2018

ANA ALONSO NA BIBLIOTECA

O pasado xoves, o alumnado de 5º puido desfrutar da compañía da escritora Ana Alonso na biblioteca escolar. Aquí a temos charlando coas nenas e nenos.


jueves, 22 de marzo de 2018

A POLICÍA NA BIBLIOTECA

Unha vez máis a nosa biblioteca serve de lugar  para visitas interesantes. Esta vez, a policía, que charlou e informou aos nenos e nenas de 5º curso. Moitas grazas!