Como se achega o Nadal buscamos na biblioteca os libros que nos falan sobre estas datas. Pódelos utilizar que, ademais, están recomendados polo noso Apalpador.
jueves, 14 de diciembre de 2017
RECICLA COA TROPAVERDE
O día 13 de decembro a nosa biblioteca encheuse de nenas e nenos de 2º e 3º para realizar actividades de reciclase nun programa coordinado polos monitores e monitoras da Tropa Verde. Agora que se achega o nadal é o mellor momento para reflexionar sobre esto xa que é época tradicionalmente, de consumo pouco responsable.
jueves, 30 de noviembre de 2017
25 de outubro: Día contra a violencia de xénero
O pasado venres celebramos no colexio un acto para decir NON á violencia de xénero. Desde entón temos declarados todos e cada un dos espazos do noso centro como lugares LIBRES DE VIOLENCIAS MACHISTAS. A nosa BIBLIOTECA, por suposto, está incluida e así seguirá sendo.
jueves, 16 de noviembre de 2017
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS
O pasado mes de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Na semana do 24 dese mes pedímosvos que nos enviárades fotos familiares vosas en distintas bibliotecas. Pois ben, recibimos un aluvión de fotos preciosas coas que fixemos un estupendo vídeo!
MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS!
viernes, 10 de noviembre de 2017
MAGOSTO!
jueves, 2 de noviembre de 2017
MARIAMANTA!!!!!!
Na porta da biblioteca está agardando MARIAMANTA, un persoaxe da mitoloxía Galega cun gran papo que vai envolta nunha manta na que pode agachar algún neno ou nena...
Seguide investigando!
Ao seu carón tedes unha pequena mostra de LIBROS DE MEDO, como todos os anos para que se vos poñan os pelos de punta!!!!
E...un libro aberto para saber máis!
jueves, 26 de octubre de 2017
VISITAS NA BIBLIOTECA: POLICÍA LOCAL
Coma sempre, a Biblioteca é un lugar moi axeitado para recibir visitas interesantes. neste caso, o alumnado de 4º desfrutou da presenza da Policía Local que charlos coas nenas e nenos e transmitiulles informaación, consellos e boas intencións.
Serán sempre ben recibidos!
Moitas grazas!
Outubro: O mes das Bibliotecas
Estamos a celebrar no noso colexio, unha semana chea de lecturas dos nenos e nenas maiores aos cativos e cativas, nunha actividade chamada "Apadriñamento lector", con motivo da celebración do Mes das Bibliotecas.
Logo de recollelos nas súas aulas, dirixíronse ao recibidor do edificio principal e ás zonas ao aire libre do colexio para sentarse ao seu carón e pasar uns momentos de lecer "padriños-madriñas xunto con afillados e afilladas lectores", intentando transmitir o gusto pola lectura enn boa compañía.
miércoles, 11 de octubre de 2017
24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Con
motivo do Día
das Bibliotecas,
o próximo 24 de outubro, propoñémosvos que vos fagades unha foto
cos vosos fillos e fillas nalgunha biblioteca.
Despois
podédelas enviar ao seguinte enderezo:
Nesa
data desenvolveremos unha actividade na biblioteca do noso Centro e
serán proxectadas todas as imaxes recibidas.
Moitas
grazas e un saúdo!
6º CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR
Os
equipos da Biblioteca e
de Dinamización
e Normalización Lingüística do
noso colexio anímanvos a participar no 6º CONCURSO DE RELATOS
CURTOS que se convoca polo Samaín.
Bases
do concurso:
Primeira.
As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos
acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas
deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega.
Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror,
medo ou temas que causen asombro.
Segunda.
Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou
trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).
Terceira. Os
relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As
obras no poderán exceder de tres carillas de folio de extensión
incluindo a ilustración.
Quinta. As
datas para a recepción das obras serán do día 24 de outubro ao 11
de novembro de 2017.
Sexta. Os
participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras
no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro
escolar.
Sétima.
Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará
as obras gañadoras.
Oitava. Xunto
coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do
relato, autor/a/s, curso e grupo.
Novena. As
obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán
chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A
participación no concurso supón a aceptación total das bases.
sábado, 23 de septiembre de 2017
BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO: 2017-18!
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás , quen por certo visitou o nose colexio o curso pasado, foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual.
sábado, 3 de junio de 2017
MÁIS VISITAS NA BIBLIOTECA
O escritor Héctor Cajaraville e o contacontos Anxo Moure visitáronnos nos días pasados e divertíronnos cos seus contos e anécdotas.
jueves, 18 de mayo de 2017
A GALIÑA AZUL
Esta curtametraxe animada foi realizada polo alumnado e a profesora de 2º C. Desfrutade!
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS
Durante esta semana, do 15 ao 19 de maio, estase a celebrar no noso colexio e como xa sabedes a Semana Cultural das LETRAS GALEGAS. Así, na biblioteca e outras dependencias do centro estamos a desfrutar de varias actividades: música, teatro a cargo de alumnas e alumnos de 3º, estreno e pases dunha curtametraxe realizada por alumnado de 2º sobre a obra "A galiña azul", exposicións de traballos das nenas e nenos, exposición sobre Carlos Casares, a Pita Poleira Azul, que pon ovos de cores con palabras en galego, e algunhas cousas máis.
XOSÉ TOMÁS
O martes 15 de maio visitounos na Biblioteca do Centro o ilustrador e humorista gráfico XOSÉ TOMÁS, quen impartiu un estupendo obradoiro sobre ilustracións ao que acudiron nenas e nenos, nais e pais e persoal do centro. Actividade organizada pola ANPA.
miércoles, 17 de mayo de 2017
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas e durante toda a semana estamos a realizar na nosa Biblioteca e demáis dependencias do colexio unhas serie de actividades e experiencias en torno ás letras e as artes. Nelas participan todas as nenas e nenos do colexio: talleres, teatro, exposicións, curtametraxe animada, intercambio de libros, a "pita poleira azul"...
Feliz día das NOSAS LETRAS!
Feliz día das NOSAS LETRAS!
miércoles, 3 de mayo de 2017
COLOBORADORES DA BIBLIOTECA DESTE CURSO
Grazas ás colaboradoras e colaboradores de Bilioteca deste curso, que están a realizar un importante traballo ao mesmo tempo que aprenden cousas sobre a organización dunha biblioteca.
MÚSICA NA BIBLIOTECA
O pasado martes, día 2, visitaron a nosa biblioteca dúas artistas da Escola Municipal de Música de Santiago. Deleitáronnos cun concerto didáctico estupendo. Moitas grazas!
sábado, 29 de abril de 2017
DOA OCAMPO
Seguimos con máis pintura. Esta vez, a pintora Doa Ocampo que é a autora da obra pictórica dunha das cúpulas do edificio de E. Infantil. Desfrutade da súa beleza.
Podedes saber máis no blogue do noso proxecto "Pintura rima con lectura".
miércoles, 26 de abril de 2017
ANIMACIÓN Á LECTURA
As nenas e nenos de 3 anos fixeron unha visita á oficina de CORREOS. ???? NOOON! En realidade foron escoitar contos á sede da Galería de Sargadelos dentro da Campaña de Animación á lectura que todos os anos promove o Concello e a editorial Kalandraka. En días anteriores desfrutou da mesma actividade o alumnado de 4 e 5 anos.
Moi interesante!
martes, 25 de abril de 2017
MARCOS S. CALVEIRO
viernes, 21 de abril de 2017
DÍa Internacional do Libro
jueves, 6 de abril de 2017
MÁIS AUTORAS E AUTORES NA NOSA BIBLIOTECA
Onte, día 5 de abril volvemos a ter visita na biblioteca: A poetisa YOLANDA CASTAÑO, a escritora ÁNXELA GRACIÁN, o escritor portugués JOAO MANUEL RIBEIRO.
Alí estivemos escoitando aos grandes das nosas letras e das do país veciño, Portugal. Moitas grazas!
lunes, 27 de marzo de 2017
27 de marzo: DÍA MUNDIAL DO TEATRO
Hoxe 27 de marzo, celebramos en todo o mundo o Día do Teatro. Recordade que tamén na nosa bliblioteca temos unha sección de fondos dedicada ao teatro.e que podedes ler e levar para casa en préstamo.
jueves, 23 de marzo de 2017
REGUEIFEIROS EN FONTIÑAS!
Na nosa biblioteca hoxe houbo visita. Os regueifeiros Alba e Josiño deleitáronnos coas súas regueifas. Ademáis ensináronnos moitas cousas sobre elas e mesmo nos ensinaron a crealas e interpretalas.
Moitas grazas aos dous!
sábado, 18 de marzo de 2017
O PINTOR YOSEBA MURUZÁBAL
Yoseba Muruzábal, o creador do gran mural que forma parte da súa obra "Fenómenos do rural", estivo con nós para contestar ás nosas preguntas sobre a súa fabulosa obra. Mostrounos un vídeo e mesmo vimos como facía o seu traballo "in situ". Grazas Yoseba!
21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O vindeiro 21 de Marzo, conmemoramos o Día Mundial da Poesía, unha data institucionalizada pola UNESCO en 1999.
A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación.
Este ano, ademáis, a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados acordou dedicalo á figura de Miguel Hernández en coincidencia co 75 cabodano do poeta.
E nós... recordámolo coa sempre admirada Rosalía!
PERE TOBARUELA NA BIBLIOTECA
ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
Onte e antonte tiveron lugar, como cada ano, estes Encontros no Pazo de Congresos de Santiago para unir a todos os centros que forman parte desta gran rede de centros escolares unidos polas súas bibliotecas e as ganas de medrar lendo.
martes, 7 de marzo de 2017
DÍA DA MULLER NO MUPEGA
O Día Internacional da Muller celébrase este ano no Museo Pedagóxico de Galicia cun obradoiro e un contacontos. Aquí tedes a información:
viernes, 3 de marzo de 2017
CONCURSO: MULLERES QUE FAN HISTORIA
Todos os anos teñen unha data moi especial para recordarnos o Día Mundial da Muller Traballadora. Desde a nosa biblioteca convocamos de novo un CONCURSO de pistas para adiviñar o nome de cinco mulleres destacadas na historia. Este ano, dentro do noso Proxecto Documental, escollemos a cinco pintoras marabillosas. Aquí tedes as bases do concurso e a continuación, iremos poñendo pista a pista acompañadas da correspondente imaxe.
lunes, 27 de febrero de 2017
24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro, como todos os anos celebramos o Día de Rosalía e, no noso centro realizáronse numerosos traballos e actividades para recordala.
sábado, 18 de febrero de 2017
IAGO LÓPEZ NA BIBLIOTECA
O escritor e contaacontos iago López visitounos de novo esta semana para presentar o seu libro "O cociñeiro Martiño". As nenas e nenos de 1º e 2º estiveron con el na nosa biblioteca.
CHEGA O ENTROIDO!
Como cada ano (nunca lle esquece), o Entroido chega ás nosas vidas. Recibiémolo no noso cole como se merece, con ganas de diversión. Así están xa as nosas Mecas. A de E. Infantil, nada menos que a pintora FRIDA KAHLO e en E. Primaria a nosa BALBINA, a protagonista do mural realizado no noso cole polo recoñecido grafiteiro Yoseba Muruzábal.
Este ano, o motivo ou tema principal xa sabedes que é o do noso proxecto documental: Pintura rima con lectura.
Podedes ver fotos e vídeos do desfile na páxina web do noso colexio.
Este ano, o motivo ou tema principal xa sabedes que é o do noso proxecto documental: Pintura rima con lectura.
Podedes ver fotos e vídeos do desfile na páxina web do noso colexio.
domingo, 5 de febrero de 2017
Teño un museo...
A nosa cidade está invadida de carteis anunciadores do MUSEO DO POBO GALEGO, un museo etnográfico pero con moitas cousas máis...
Visita a súa páxina web e verás as súas actividades.
O alumnado de 3º do noso colexio visitará o día 17 deste mes de febreiro o museo para asistir a unha charla co ilustrador PEPE CARREIRO dentro do programa/actividade "Teño unha peza".
miércoles, 1 de febrero de 2017
Día da Ilustración
O 30 de xaneiro celebrouse o día da Ilustración con actividades en todas as Bibliotecas. Na páxina web do noso colexio encontraredes información para visitar bibliotecas de Galicia que prepararon actividades e talleres en torno a esa data.
miércoles, 18 de enero de 2017
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están en ruta as nove mochilas de E. primaria do colexio, que xunto coas de E. Infantil, fan que viaxe todas as semanas unha chea de recursos da biblioteca para as casas.
Os nenos e nenas están moi ilusionados con estas mini-bibliotecas que desfrutarán en familia!
Os nenos e nenas están moi ilusionados con estas mini-bibliotecas que desfrutarán en familia!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)