jueves, 3 de noviembre de 2016

5º CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR

Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística do noso colexio anímanvos a participar no 5º CONCURSO DE RELATOS CURTOS  que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto.
 Bases do concurso:
  Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro.  Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).  
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.  
Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio de extensión incluindo a ilustración. Quinta. A data límite para a recepción das obras será o día 30 de novembro de 2016.
 Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.
 Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras. Oitava. Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s, curso e grupo.  
Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca.
 Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.