viernes, 22 de abril de 2016

CONCURSOS! PREMIOS!

O día 22 de abril entregáronse os premios dos concursos organizados pola biblioteca do colexio: Relatos curtos de terror e Mulleres que fan historia. Noraboa a todos e todas!

MARATÓN DE LECTURA

Todo o alumnado do colexio xuntouse na nosa biblioteca os días 21 e 22 de abril para conmemorar o Día do Libro. Fixemos un "maratón" de lectura.

AUTORAS NA BIBLIOTECA

Na semana previa ao día do Libro visitáronnos dúas grandes autoras: Ana Alonso e Érica Esmorís.

viernes, 8 de abril de 2016

PASES AO LIBERESPAZO

Aquí tedes unha mostra dos Pases de lectura ao Libereszazo, debidamente cubertos e selados pola Biblioteca do noso cole.

Encontros das Bibliotecas

Os días 7 e 8 de abril, celebráronse no pazo de Congresos de Santiago, como todos os anos en torno a esas datas, os Encontros de bibliotecas escolares de Galicia. Alí se reúnen todos os representantes das máis de 500 Bibliotecas escolares acollidas ao Plan de Mellora de Bibliotecas escolares de galicia (PlamBe). A nosa biblioteca estivo presente a través da súa coordinadora. Alí se recibe información e intercambios de opinións e experiencias que se fan nas distintas bibliotecas ao longo do curso. Comprobamos que son moi dinámicas e que moitas delas teñen ademáis das boas prácticas, premios en distintos certames estatais e autonómicos. Noraboa ás nosas bibliotecas e sobre todo aos seus usuarios!

miércoles, 6 de abril de 2016

CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Como todos os anos, asistimos á Campaña Municipal de animación á lectura patrocinada polo Concello de Santiago e a editorial Kalandraka. Os nosos nenos e nenas de E. Infantil acudiron esta semana a unha estupenda sesión.

CONTOS EN BRAILLE

A nosa biblioteca dispón de libros en Braille para alumnado invidente.

SEGUIMOS COAS EXPLORACIÓNS!

Os alumnos e alumnas do colexio seguen a reo traballando, descubrindo e investigando... Aquí tedes un exemplo dos traballos do alumnado de 3º. Pronto aparecerán todos os traballos no blog do noso proxecto anual.

METAMORFOSE

Mirade que interesante esta mini exposición nas aulas de E. Infantil. Teñen cagados que pronto serán auténticas ras!

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

A ANPA do noso colexio programou unha sesión de contacontos coa que poidemos desfrutar, rir e sobre todo coñecer cousas doutras culturas. Moitas grazas!

A ÁRBORE DA POESÍA

A nosa árbore xa sabe que a primavera chegou. Cada día énchese máis de follas. E cada folla trae un poema.