Xa foron entregados na Biblioteca aqueles relatos dos nenos e nenas que participaron no concurso de relatos curtos de terror. Coma sempre, moita participación!
miércoles, 7 de diciembre de 2016
jueves, 3 de noviembre de 2016
5º CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR
Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística do noso colexio anímanvos a participar no 5º CONCURSO DE RELATOS CURTOS que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto.
Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro. Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio de extensión incluindo a ilustración. Quinta. A data límite para a recepción das obras será o día 30 de novembro de 2016.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.
Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras. Oitava. Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s, curso e grupo.
Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

viernes, 28 de octubre de 2016
OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN
A biblioteca do noso colexio foi, durante toda esta semana,un lugar prefecto para desenvolver unha chea de creativas actividades sobre a igualdade e a coeducación.
ÁRBORE DE OUTONO
A nosa árbore de outono, en lugar de perder follas, máis cada día. Podedes vela na entrada do colexio e animarvos a engadirlle follas con fermosas palabras.
martes, 27 de septiembre de 2016
BIBLIOTECA ESCOLAR - TERRITORIO DAS ARTES
Este é o lema que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comenzo do curso con destino ás bibliotecas escolares dos centros de ensino. Nesta ocasión MINIA REGOS é a creadora convidada a interpretar o lema anual.
Biblioteca escolar - territorio das artes invita a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse aos produtos artísticos pero sobre todo, a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais...
BENVIDOS AO NOVO CURSO! 2016-17
Comezamos un ano escolar máis e na Biblioteca xa estamos a quentar motores!!!!
Damos paso ao OUTONO e no cole celebrámolo desexándolle a benvida. Mirade!
Na nosa árbore outonal, sen follas xa, ímoslle engadir pouco a pouco follas cheas de poesías e adiviñas referidas ao outono.
Ánimo e a participar!

viernes, 22 de abril de 2016
CONCURSOS! PREMIOS!
MARATÓN DE LECTURA
viernes, 8 de abril de 2016
PASES AO LIBERESPAZO
Aquí tedes unha mostra dos Pases de lectura ao Libereszazo, debidamente cubertos e selados pola Biblioteca do noso cole.
Encontros das Bibliotecas
Os días 7 e 8 de abril, celebráronse no pazo de Congresos de Santiago, como todos os anos en torno a esas datas, os Encontros de bibliotecas escolares de Galicia. Alí se reúnen todos os representantes das máis de 500 Bibliotecas escolares acollidas ao Plan de Mellora de Bibliotecas escolares de galicia (PlamBe). A nosa biblioteca estivo presente a través da súa coordinadora. Alí se recibe información e intercambios de opinións e experiencias que se fan nas distintas bibliotecas ao longo do curso. Comprobamos que son moi dinámicas e que moitas delas teñen ademáis das boas prácticas, premios en distintos certames estatais e autonómicos. Noraboa ás nosas bibliotecas e sobre todo aos seus usuarios!
miércoles, 6 de abril de 2016
CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA
SEGUIMOS COAS EXPLORACIÓNS!
METAMORFOSE
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
A ÁRBORE DA POESÍA
lunes, 14 de marzo de 2016
Concurso en marcha!
domingo, 6 de marzo de 2016
Concurso MULLERES QUE FAN HISTORIA 2015-16
Como todos os anos, coincidindo co Día 8 de marzo, Día internacional da muller traballadora, a Biblioteca do noso colexio propón un concurso de adiviñar o nome de 8 mulleres importantes para a humanidade. este ano, coincidindo co desenvolvemento do noso proxecto, as 8 mulleres pertenecen ao mundo das exploracións. Trátase de grandes e arriscadas aventureiras que fan e fixeron o inimaxinable para que o noso mundo avance.
Ánimo, e a participar!
Comenzamos o martes día 8. As pistas aparecerán expostas no taboleiro á entrada da biblioteca todos os martes e venres ata completar as 8 mulleres.
Podedes recoller as fichas a cumprimentar na biblioteca.
Semana da PRENSA 2016
Do 7 ao 11 de Marzo celébrase a Semana da prensa nas nosas escolas. Na nosa Biblioteca contamos cunha pequena exposición de prensa de diferentes países así como algúns libros relacionados con xornais e xornalistas.
A través da Biblioteca tamén podemos conseguir unidades didácticas para traballar a prensa nas aulas.
martes, 23 de febrero de 2016
24 de febreiro: O DÍA DE ROSALÍA
Este ano, os nenos e nenas do noso cole realizaron unha actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores Galegos para recordar á nosa gran escritora.
A actividade consite na elaboración dunha postal inspirada nuns versos de Rosalía. Dita postal será enviada ás familias ou aquelas persoas que os alumnos e alumnas desexen.
Mirade que chulas!
Aí van, camiño do seu destino!
FELICIDADES ROSALÍA!
viernes, 29 de enero de 2016
Libros para a PAZ
Como todos os anos, a Nosa Biblioteca propón unha cesta de libros para todas as idades. Libros sobre a paz, os dereitos humanos, a convivencia...
miércoles, 20 de enero de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)