jueves, 27 de marzo de 2014

O concurso segue...

Seguimos co concurso sobre "Mulleres que fan historia". Xa levamos cinco. Con pistas ben interesantes. Esto está que arde!

27 de Marzo: Día Mundial do Teatro

Hoxe conmemoramos o Día Mundial do Teatro. No noso colexio os nenos e as nenas, xunto cos profesores e profesoras, fixemos actividades sobre teatro lido nas clases. Na biblioteca do centro escollemos varias obras de teatro interesantes para dita actividade. O teatro é fantástico!

viernes, 21 de marzo de 2014

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Hoxe 21 de marzo celebramos, coa entrada da primavera, o Día Mundial da Poesía. Na nosa biblioteca atoparedes libros de poesía e desde alí convidámosvos a que escribades os vosos poemas favoritos, tanto da vosa autoría como de poetas e poetisas recoñecidos. Podedes depositalos nunha caixa colocada expresamente para tal fin. Ánimo e participade!

sábado, 15 de marzo de 2014

Visitas literarias

A escritora Ana Alonso e o escritor Antonio Manuel Fraga visitaron aos nosos alumnos e alumnas e charlaron e firmaron libros na nosa Biblioteca. Aquí tedes as fotos que ilustran estas magníficas novas.

miércoles, 12 de marzo de 2014

8 de marzo: Día da Muller Traballadora

O pasado sábado celebrouse o Día da Muller traballadora. Con tal motivo, e desde a biblioteca do noso centro, propoñemos durante as próximas datas un xogo-concurso para adiviñar a que mulleres da historia e da actualidade, destacadas en diversos ámbitos, corresponden certas imaxes colocadas no taboleiro e que irán aparecendo pouco e pouco ata "encher" un impreso facilitado desde a propia biblioteca. O título do concurso é Mulleres que fan historia e trátase dunha labor de investigación e búsqueda de información para todo o alumnado de Educación primaria. As bases permanecen expostas á entrada do centro.