miércoles, 16 de noviembre de 2011

Os froitos do outono!


Durante esta semana os alumnos e alumnas do 2º ciclo fixemos unha exposición, e posterior degustación, de froitos desta época do ano. Non sabiamos que houbera tantos! Que saborosos! Ademais, fixemos traballos sobre eles  buscando información en diversos medios. 

sábado, 12 de noviembre de 2011

REVISTAS NA BIBLIOTECA!

En poucos días recibiremos dúas revistas infantiles.  Son revistas mensuais para ler e consultar na nosa biblioteca. Esperamos que vos gusten!

miércoles, 5 de octubre de 2011

Outubro: O mes das bibliotecas



Par celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar, un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, interpreta o lema proposto, biblioteca escolar, última xeración, ofrecéndonos unha visión alegre do que son e poden ser as bibliotecas escolares.

sábado, 7 de mayo de 2011

OS MAIORES LENLLE AOS MÁIS NOVOS


Seguimos desenvolvendo as actividades para conmemorar o "día do libro 2011". Esta vez, os alumnos e alumnas de 6º nivel léronlle un conto aos nenos e nenas de Educación Infantil. Axiña o farán tamén cos do 1º ciclo de Primaria.

sábado, 30 de abril de 2011

LIBROS DE CINE

Esta é unha das actividades programadas no noso cole para conmemorar o DÍA DO LIBRO. A obra   escollida é "O pequeno Nicolás".

Durante a próxima semana os nenos e nenas lerán, xunto cos seus profesores e profesoras, esta preciosa obra de Goscinny, ilustrada por Jean-Jacques Sempé, para, a continuación, ver a película de Laurent Tirard.

viernes, 25 de marzo de 2011

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

“O libro lembra”. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova.